Outubro 2012

Nesta viaxe, que tivo unha duración de un mes, colaboramos un total de 17 voluntarios e voluntarias. Traballamos en Boulel, Bandafassi e Dindefellou.
En Boulel, colocáronse as placas solares, tamén as plaquetas no chan, dividiuse a escola en dúas aulas e deixouse todo organizado para o xantar diario de 105 nenos e nenas durante todo o curso.
No tema de saúde, o grupo sanitario fixo máis de 1200 consultas dando medicación gratuíta ao 100% dos enfermos.
En Bandaffassi y Dindefellou, os integrantes da comisión sanitaria puidemos constatar que mellorou ostensiblemente o control das mulleres embarazadas e as condicións durante el parto.
Mantense aberto o programa de detección e tratamento de anemias, que eles levan a cabo e que nós financiamos.

Durante nosa estadía demos continuidade ao proxecto sanitario que estamos realizando dende o ano 2009  nesta zona.

Algunas de las fotos del viaje:



.