_________________________________________________________________________________________________________________________________________

 Proxectos en Senegal

Proxecto sanitario en Bandafassi e Dindefelou

Antecedentes

En febreiro do ano 2009 un equipo de persoas voluntarias, con permiso do Ministro de Saúde Senegalés, comezou a traballar en colaboración co persoal sanitario local nos Centros de Saúde de varias zonas de Senegal.
Tras esta primeira viaxe, o Director de Cooperación do Ministerio solicita que o traballo se centre na Rexión de Kedougou por ser esta a zona máis deprimida de todo o país. A partir desta viaxe, decídese centralizar todos os esforzos e recursos no Hospital de Kedougou e nas poboacións de Bandafassi e Dindefelou. As anteriormente citadas son comunidades rurais de ao redor de 10.000 habitantes cada unha, con gran dispersión da poboación, esperanza de vida moi curta e un índice de natalidade elevadísimo.
No ano 2010 realizáronse tres viaxes da Comisión Sanitaria, cuxa formación variou dependendo do voluntariado dispoñible. As viaxes e a estandía no terreo foron financiados sempre por cada un dos voluntarios, e o material, os medicamentos, o leite e outros alimentos foron financiados grazas ás achegas de particulares e organismos públicos e privados.
Durante este período existiu unha colaboración coa ONG Yakaar África no desenvolvemento do proxecto sanitario e un proxecto de agricultura e gandería nas poboacións de Bandafassi e Dindefelou.
En marzo do ano 2011, unha Comisión de 12 persoas realiza unha viaxe á zona continuando coa traxectoria doutras viaxes. Así mesmo, mediante esta viaxe púidose comprobar a continuidade do proxecto por parte do persoal sanitario local e o responsable do proxecto na zona.
A proposta realizada, en base aos coñecementos adquiridos durante o traballo sobreo o terreo, consistiu en colaborar en mellorar a capacitación do persoal sanitario local, achegar e mellorar a confianza da poboación nos servizos sanitarios, prestar atención médica e de enfermería durante as nosas estandías no terreo e colaborar en mellorar os recursos dos centros de saúde: infraestruturas, material, medicación, etc.

Problema

Morbi-mortalidade por desnutrición e anemia en nenos.

Morbi-mortalidade por desnutrición e anemia en mulleres, sobre todo no momento do parto.

Patoloxía parasitaria en nenos, con gran influencia nos problemas de desnutrición.

Gran incidencia en patoloxía de pel.

Detección de varios casos de hipertensión e diabetes en adultos e patoloxía ocular.

Detección de anemias que en moitos casos son incompatibles coa vida (menos de 5 mg.) e que afectan sobre todo a nenos de menos de 5 anos e mulleres embarazadas en período de lactación.

Elevado índice de mortes no momento do parto, en gran medida pola anemia que fai que con mínimo sangrado se produza o falecemento da muller.

Obxetivo xeral

Mellorar o estado de saúde da poboación, mediante a atención médica requirida.

Obxetivos específicos

Brindar á poboación a atención médica dirixida a:

Diminuír a morbi-mortalidade infantil e materna mediante:

Tratar a parasitosis intestinal de todos os nenos captados (1 a 14 anos).
Tratar con ferro a todas as mulleres embarazadas.
Tratar con ferro ás mulleres en período de lactación.
Tratar con ferro aos menores con anemia (inferior a 10 MG de HB)

 

Mellorar o estado nutricional:

Cumprimentar con leite en po en nenos maiores, mulleres embarazadas e en período de lactación.
Introducir o ovo na dieta (Programa de ovos).
Utilizar aceite na preparación de alimentos.
Cumprimentar con froitas e verduras, segundo as posibilidades específicas de cada caso.
Cumprimentar con Plumpinaut nos casos de desnutrición severa.

Realizar programas de formación:

Educar na prevención de enfermidades, pondo atención nas medidas de hixiene persoal, da vivenda e do medio.
Concienciar á poboación sobre o uso de mosquiteiras e potabilización da auga mediante a ebulición.
Difundir un programa de prevención de enfermidades de transmisión sexual.
Difundir un programa de prevención de embarazos.
Colaborar coas matronas locais mediante bolsas para a súa formación.
Adecuar o espazo físico para a prestación dos servizos médicos.

Resultados do proxecto

Adecuado o espazo para a atención sanitaria.
Creada unha sección de maternidade en Bandafassi.
Bolseiras matronas tradicionais.
Atendidos o 100% dos menores captados.
Atendidas o 100% da mulleres captadas.
Realizados no terreo talleres de formación ao persoal sanitario local.
Realizados talleres específicos dirixidos ás matronas tradicionais.
Realizados talleres de formación dirixidos ás mulleres dos distintos campamentos cos seguintes temas:
Coidado dos fillos.
Prevención de patoloxías, anemia, desnutrición, malaria, parasitosis intestinais.
Alimentación e nutrición na primeira infancia e durante o embarazo.
Saúde pública..

Recursos humanos e físicos existentes

En Bandafassi, no Centro de Saúde, traballa un enfermeiro e un axudante e non hai matrona. Os partos prodúcense maioritariamente na propia casa coa axuda de matronas tradicionais. Coa intención de mellorar a atención ás mulleres embarazadas e as condicións no parto, reformouse unha sección do centro de saúde que non se utilizaba transformándoa en: unha sala de maternidade, unha sala para partos, unha sala con dúas camas para mulleres e outra para os familiares, un WC e unha ducha. Tamén se mellorou a zona de acceso, canalizouse auga ata as salas e dotáronse do material específico, incluído un doppler fetal.

O director do Hospital de Kedougou doou as camas e a padiola de partos e solicitouse unha matrona titulada para a atención na maternidade.

En Dindefelou, a situación é distinta. Existe un centro de saúde cun enfermeiro e unha sala de maternidade con dúas matronas tradicionais. Esta situación axudou a poder implementar un programa de atención ao embarazo e ao parto cunha maior calidade na atención.
Estas matronas, coa colaboración doutras mulleres, aproveitan as campañas de vacinación para descentralizar programas de información á poboación sobre hixiene, alimentación, prevención de malaria, parasitoses dixestivas, filarioses, prevención de ETS, embarazos e o programa de ovos.

Duración do Proxecto

Comezo en outubro 2009, continuando na actualidade.
O presente proxecto tivo como obxectivo primordial a súa permanencia e mantemento no tempo. 

 

Proxecto escola centro-multidisciplinar

Antecedentes

Na comunidade Rural de Touba Merina existen cinco poboados: Bule, Lothi, Koba, Mbaeri e Mdiara, cunha poboación estimada de 1.200 persoas. Ante a solicitude por parte da poboación, DA MAN dá comezo ao Proxecto Escola.

Problema

O diagnóstico realizado por DA MAN en marzo de 2011 identifica que o índice de analfabetismo na poboación adulta é practicamente do 100% e que a poboación infantil non está escolarizada.
O dereito fundamental da infancia á educación non queda cuberto debido á falta dunha escola, á distancia que hai entre os poboados e Touba Merina, onde se atopa o centro educativo de referencia de toda a rexión, á falta de redes viarias e de medios de transporte.

Obxetivo xeral

Construír unha escola/centro multidisciplinar para:
Satisfacer as necesidades educativas básicas 
Dar cobertura aos cinco poboados. 
Comprometer á poboación na escolarización dos menores, no mantemento dos recursos e na asistencia a talleres para a formación en diversas materias.

Obxectivos específicos

Construír un centro multidisciplinar (escola, biblioteca, sala de reunións).
Colaborar en diminuír o índice de analfabetismo na poboación adulta.
Impartir talleres de agricultura, saúde, alimentación, artesanía, etc.
Brindar educación primaria aos nenos dos poboados da comunidade rural de Touba Merina:

1. Construír unha escola coas seguintes instalacións:

a. Aula para 70 alumnos.
b. Salas para actividades de formación.
c. Habitación para o profesor.
d. Baños con WC, lavabo e ducha.
e. Almacén.
f. Enfermería.
g. Servizos de auga e electricidade (mediante placas solares).

2. Prover material para a escola.

3. Prover alimentos para o almorzo dos escolares na propia escola.

4. Prover material para a hixiene: cepillos de dentes, vasos, xabón, toallas, mandís, etc.

5. Colaborar economicamente para dispor dun responsable local.

Recursos humanos necesarios

Un/unha profesor/a contratado/a polo Ministerio de Educación de Senegal.
Unha muller responsable dos almorzos e mantemento da escola.
Unha persoa responsable local de DA MAN.
Proxecto Horta-Granxa Escola Touba Merina.

Proxecto Horta-Granxa Escola Touba Merina.

Antecedentes

No ano 2011, a Organización DA MAN pon en funcionamento un proxecto de atención integral aos poboados da comunidade Rural de Touba Merina de: Boule, Lothi, Koba, Mbaeri e Mdiara, na Rexión de Louga.
A poboación desta zona é da etnia Peul, de tradición gandeira caprina.
É unha zona moi árida, non existen cultivos de ningún tipo e ademais, ante a imposibilidade da poboación de facer algún pozo, a auga vaise buscar a puntos de distribución situados, nalgúns casos, a máis de 3 Km. de distancia.
Na viaxe que realizou a Comisión en marzo, fíxose un estudo do terreo definindo o tipo de cultivo que podería adaptarse ás características da zona, decidindo que as curcubitáceas poderían adaptarse ao medio.

Problema

O problema enfócase desde un punto de vista nutricional e educacional.
No primeiro aspecto, a alimentación baséase en cereais, polo que na poboación detectáronse problemas nutricionais e de anemia.
No segundo aspecto, atopámonos cunha poboación nova que non tivo acceso á educación e cuxo único medio de vida é a gandería. 

Obxectivo xeral

Formar á poboación na agricultura:
Reforzar os coñecementos existentes.
Prover de instrumentos que permitan mellorar a calidade de vida e futuro.
Realizar unha horta-escola nas inmediacións da escola infantil: 
Ensinar os distintos pasos do cultivo. 
Realizar pequenas hortas en cada poboado para alimentación dos seus habitantes.
Deixar a horta escola como sementeiro (obxectivo a longo prazo). 
Construír unha granxa á beira da horta-escola:
Comezar coa cría de galiñas poñedeiras e para reprodución, e polos para consumo.
Crear apartados para outros animais para mellorar a súa reprodución (cabras, ovellas etc.).
Utilizar o abono da granxa na horta para evitar outro tipo de fertilizante.

Apoio atención sanitaria en Touba Merina

Antecedentes

A Comunidade rural de Touba Merina conta cun Centro de saúde, que dá cobertura a máis de 30 aldeas cunha poboación aproximada de 12.000 habitantes, no que traballa un enfermeiro e persoal auxiliar.
A dispersión xeográfica, falta de redes viarias, medios de locomoción e falta de recursos económicos da poboación, fan que a atención sanitaria sexa precaria. 

Problema

As patoloxías fundamentais detectadas durante a estancia do equipo de DA MAN en marzo do 2011 son:
Anemias, sobre todo na poboación infantil e nas mulleres embarazadas.
Patoloxía respiratoria.
Patoloxía de pel.
Patoloxía ocular.
Parasitose intestinal, sobre todo na infancia.
Hipertensión arterial.

Obxectivo xeral

Mellorar a atención sanitaria dos habitantes impartindo cursos e talleres de formación e capacitación ao persoal sanitario local.
Apoiar a atención sanitaria da poboación durante a estancia da Comisión no terreo.















-----