Viaxes e fotos

Unha vez fixados os proxectos que se pretenden desenvolver en cada expedición, en base ás necesidades xa avaliadas en viaxes anteriores, convocamos unha reunión para fixar os obxectivos a alcanzar no terreo.
O traballo de DA MAN en Senegal é posible grazas ao esforzo de todos os colaboradores por conseguir os fondos para a consecución dos nosos proxectos, así como a confianza dos nosos socios que achegan o seu donativo de forma periódica
Unha vez acordados os obxectivos, e tendo capacidade para levalos a cabo, o equipo humano que vai partir a Senegal reúnese en varias ocasións para fixar datas e acordar a organización do traballo.
Preténdese con isto orientar e formar a todos aqueles que colaboran activamente aquí e que van formar o equipo humano en cooperación cos compañeiros senegaleses,
así como fortalecer o espírito de equipo e recalcar a importancia de compartir os principios polos que DA MAN traballa no campo da axuda humanitaria.
Cada viaxe modifícase en función do número de cooperantes e dos sitios nos que imos prestar a nosa colaboración. Cada zona de Senegal é diferente, as etnias coas que convivimos varían en función do lugar e as condicións climatolóxicas cambian dependendo da época na que se realice a viaxe.
Hai unha cuestión que é común a todas as viaxes realizadas por DA MAN, e é que os obxectivos propostos cumpríronse en todas elas.