Viaxes previas a constitución de Da man

As viaxes de cooperación a Senegal comezan a súa andaina a principios do 2009, con Alicerce Martínez como responsable, colaborando oficialmente co Ministerio de Saúde senegalés.
Durante este período, préstase atención sanitaria e docente na illa de Carabanne (febreiro e outubro de 2009) e a Rexión de Kedougou (Bandafassi e Dindefelou) desde outubro de 2009, labor que continúa na actualidade.  
Ante a falta dunha maternidade en Bandafassi prepáranse varias salas do centro de saúde para poder atender os partos, dotándoas co material necesario: auga, luz e servizo con ducha.  
A partir de outubro do 2010, valórase a necesidade de constituír a ONG DA MAN para poder seguir dando cobertura e continuidade aos proxectos.
Así comeza a traxectoria de DA MAN, que segue crecendo grazas ao apoio de todos os colaboradores que confían no noso traballo.

Algunhas das fotos da viaxe:



.