_________________________________________________________________________________________________________________________________________
Quen somos
Da Man é unha ONG dedicada ao traballo social e solidario que desenvolve a súa actividade en Galicia coa poboación inmigrante e en Senegal levando a cabo diversos proxectos nos ámbitos educativo e sanitario fundamentalmente. Un pouco de historiaA nosa historia é recente, comeza nos primeiros meses do ano 2009. DiagnósticoDetectouse moi curta esperanza de vida e un elevado índice de natalidade, con morbi-mortalidade alta por desnutrición (Kuasiorkor e marasmo), anemia en moitos casos incompatibles coa vida (menos de 5 mg. que afectaban sobre todo a nenos de menos de 5 anos e a mulleres embarazadas e en período de lactación), elevado índice de mortes no momento do parto (en boa medida pola anemia que facía que con mínimo sangrado producísese o falecemento da muller), patoloxía parasitaria en nenos/ás con grande influencia nos problemas de desnutrición, grande incidencia en patoloxía de pel, hipertensión e diabete en adultos e patoloxías oculares. Observouse unha grande afluencia de poboación á consulta e predisposición a atender os nosos consellos e colaboración nos tratamentos lográndose así un alto grao de satisfacción nos logros obtidos. | ![]() Pilar
| ![]() Arurora
|
|
|
|
__