_________________________________________________________________________________________________________________________________________

 Quen somos


Da Man é unha ONG dedicada ao traballo social e solidario que desenvolve a súa actividade en Galicia coa poboación inmigrante e en Senegal levando a cabo diversos proxectos nos ámbitos educativo e sanitario fundamentalmente.

Un pouco de historia

A nosa historia é recente, comeza nos primeiros meses do ano 2009.
Logo de establecer contacto co Ministerio de Saúde, en marzo dese mesmo ano realízase unha primeira viaxe a Senegal cun dobre obxectivo, realizar un diagnostico de situación e establecer relacións coas autoridades e institucións do Ministerio de Saúde, para que, de acordo coas súas indicacións poidamos desenvolver un proxecto de actuación sanitaria naquelas zonas do país nas que existe un maior nivel de necesidade asistencial.
En outubro, respondendo á solicitude do Ministerio de Saúde, iniciamos o proxecto sanitario na Rexión de Kedougou, nas Comunidades Rurais de Bandafassi e Dindefelou, ao sueste do país, a 750 Km. de Dakar, a capital.
Estas Comunidades teñen unha poboación de aproximadamente 10.000 habitantes cada unha.

Diagnóstico

Detectouse moi curta esperanza de vida e un elevado índice de natalidade, con morbi-mortalidade alta por desnutrición (Kuasiorkor e marasmo), anemia en moitos casos incompatibles coa vida (menos de 5 mg. que afectaban sobre todo a nenos de menos de 5 anos e a mulleres embarazadas e en período de lactación), elevado índice de mortes no momento do parto (en boa medida pola anemia que facía que con mínimo sangrado producísese o falecemento da muller), patoloxía parasitaria en nenos/ás con grande influencia nos problemas de desnutrición, grande incidencia en patoloxía de pel, hipertensión e diabete en adultos e patoloxías oculares.

Observouse unha grande afluencia de poboación á consulta e predisposición a atender os nosos consellos e colaboración nos tratamentos lográndose así un alto grao de satisfacción nos logros obtidos.


 Pilar


Lara


Bea


Montse

ana
Ana


Arurora


Déborah


Tony


Christel


Alba



Iciar


Luchi


Dina


Lucia


Adriana


Txiky

yo
Elías

yo
Cayetano

yo
Pilar

yo
Chus

yo
Paula

yo
Diana


Vero


Ana rosa


Rosa


Marta y Elena


Alejandro


Saul


Luis


Adri

yo
Eva y Alberto

yo
Maruxa

yo
Belén

yo
Iria



Jessi


Lina


Itziar


Begoña


Jacobo


Marta


Dori

Andre
André

yo
Ezequiel

yo
Manolo

yo
Benxa

yo
José Antonio




__