Outubro 2011

Esta viaxe tivo unha duración de tres semanas na que participaron 20 cooperantes. 
O equipo sanitario intégrano dous médicos pediatras, un médico de familia, seis enfermeiras, e catros persoas de apoio.
O equipo dedicado á construción da escola está formado por unha aparelladora e cinco colaboradores.
Durante a nosa estandía, polas mañás, préstase atención sanitaria e docente no Centro de Saúde de Touba Merina en colaboración co persoal sanitario local e polas tardes nos poboados de Boule, Mdiara, Mbaeri, Koba e Lutchi.
Á súa vez, o equipo da construción, con voluntarios locais, comezan as obras da escola e a conexión da auga. 
Queda confirmada a contratación dun profesor polo Ministerio de Educación e pendente para o mes de xaneiro a inauguración e posta en marcha da escola.

Algunhas das fotos da viaxe:



.