Febreiro 2011

Nesta viaxe participaron 10 cooperantes, unha médico pediatra, catro enfermeiras, dous auxiliares, un fotógrafo e dúas persoas de apoio.
Esta viaxe é a primeira que se realiza unha vez constituída a ONG DA MAN.
Comezouse na rexión de Kedougou, dando continuidade ao proxecto sanitario e de formación que viña realizando en Bandafassi e Dindefelou.
Por solicitude do Sr. Diop, Director de Cooperación do Ministerio de Saúde, prestamos tamén asistencia sanitaria na Comunidade Rural de Pout.
Por petición do Sr. Yoro, senegalés que colabora coa ONG, fomos á Comunidade Rural de Touba Merina cun dobre propósito: prestar atención sanitaria á poboación da devandita comunidade e facer unha valoración conxunta coa poboación da necesidade da construción dunha escola, o que deu lugar ao novo proxecto de DA MAN: a ESCOLA-CENTRO MULTIDISCIPLINAR.

Algunhas das fotos da viaxe:



.